A c t i v i d a d e s

Dende a biblioteca do IES "Isaac Díaz Pardo" queremos colaborar co proxecto europeo Eramus Plus KA-101 e outros proxectos futuros promovidos polo profesorado con inquedanzas por perfeccionar os métodos de aprendizaxe das linguas estranxeiras , mediante a convocatoria dun concurso entre o alumnado para deseñar unha mascota representativa desta actividade. As BASES son :

• Pode participar todo o alumnado do Centro.

• O deseño deberá , dende a posta en valor do noso patrimonio cultural, reflectir o respecto pola diversidade cultural , social e lingüística de Europa.

• O deseño será orixinal. A copia dalgún elemento que o compoña suporá a descalificación do concursante.

• O deseño respectará os valores recollidos nas NOF.

• Cada participante poderá concorrer cun máximo de dúas ideas.

• O deseño presentarase en tamaño folio.

• O deseño presentarase en sobre cerrado sen datos identificativos e adxudicaraselle un número identificativo . Os datos personais gardaranse noutro sobre co número correspondente.

• O TRIBUNAL estará formado por catro membros: un membro do Departamento de Debuxo, un membro do Equipo de Biblioteca, un membro do Equipo Directivo, un representante do persoal non docente,un representante da ANPA e un representante do Concello.

• O premio para o ganador consiste en material de debuxo por un valor de 50 euros aproximadamente.

• A participación no concurso supón a aceptación destas bases.


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar